jueves, 15 de mayo de 2014

Onte pola tarde, mércores 14 de maio, participamos nos xogos populares que se organizaron no colexio. Descubrimos o divertidos que son! Facede click neste debuxo para ver as fotos.

 

lunes, 12 de mayo de 2014

Esta é a semana das Letras Galegas. Hoxe baixamos á biblioteca para representar "Un mosquito de nome Henri" (os de 3º) e "Disputa entre as letras"(os de 4º). Tamén asistimos ás actuacións dos nosos compañeiros e compañeiras de infantil e do 1º ciclo. Os nenos e nenas de infantil bailaron "O sol", os de 1º dramatizaron o conto "Dona Carme", e os de 2º bailaron "En galego falo".

Pinchade nesta foto para ver algún momento das actuacións.




miércoles, 30 de abril de 2014

CAMPIONATO DE BRILÉ

      Durante o mes de abril celebrouse no centro un capionato de brilé. Participaron alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, organizados en 6 equipos de 10 xogadores cada un.
        Hoxe día 30 de abril, xogouse a final. Aquí vos deixamos imaxes dese momento.
       Tamén queremos informarlle que ao longo do mes de maio celebraremos un campionato de fútbol-sala no que participará o alumnado que o desexe dos cursos de 2º a 6º de primaria.


martes, 29 de abril de 2014

Arearea é unha obra pintada polo francés Paul Gauguin, en 1892, durante a súa estanza en Tahití. Tamén se coñece informalmente como «O can vermello». Dende 1961 está o Museo de Orsay de París
A corrente artística ao que representa é o expresionismo. A obra recupera o concepto da sinestesia, un recurso, que intenta fusionar pintura e música. Ademais da función decorativa trátase de activar os sentidos equiparando o ritmo de formas e cores co son ou o movemento. A muller que toca a frauta e as figuras do fondo que danzan reforzan a asociación coa música.

Se pinchas a imaxe, poderás mirar como os alumnos e alumnas de 3º pintamos esta famosa obra.
Os nenúfares (en francés Les nymphéas) é un ciclo de pinturas ao óleo que executou o pintor impresionista Claude Monet (aproximadamente 250 obras) ao final da súa vida, sobre amplos paneis, como o da ilustración, que mide 219 × 602 cm, e que actualmente se exhiben no Museo da Orangerie, en París, Francia. Estes inmensos paneis representan un lago con nenúfares. Son representacións do Xardín de Giverny, lugar onde se instalou Monet coa súa familia e construíu un terreo en 1890. Monet instala alí un estanque con plantas exóticas que será o modelo dos seus famosos nenúfares. Monet pintounos para que quedasen suspendidos en círculo (dentro dunha estanza circular) de modo que crean o efecto do transcorrer dun día ou o das catro estacións que se desvelan ante os ollos do espectador.
Se pinchas nesta pintura  de Monet, poderás ver as recreacións que fixemos en 3º curso dos seus nenúfares.


martes, 8 de abril de 2014

Vídeo do tren de Curtis

Ola! Mirade o vídeo do tren de Curtis! Que ben estamos tod@s!

martes, 1 de abril de 2014

O pasado xoves houbo teatro na biblioteca. A obra chamábase A súa vida. Foi interpretada polo grupo Leda Teatro. Este era o argumento: unha nena e un neno nacen o mesmo día. Os dous van medrando e atopándose ao longo da súa vida, namorando, escoitando, estudiando, coidando un doutro... Unha deriva pola vida de dous rapaces que comparten a súa vida.



Día da Árbore  é un recordatorio da importancia de protexer os arboredos. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan los riscos de inundación, evitan a erosión...
Celébrase en diferentes datas, segundo o país escóllese un día que sexa propicio para que as árbores arraiguen. Aquí é o 21 de marzo. 
4º curso foi prantar árbores a semana pasada para lembrar o Día da Árbore. Mirade as fotos.
    

viernes, 21 de marzo de 2014

No segundo ciclo estamos decorando as aulas e o noso corredor con motivos primaverales: flores, bolboretas, xoaniñas, poemas ... Se queredes ver todo esto, pinchade na foto. Esperamos que vos guste.

 
Chegou a primavera! O tren está cheo de flores. Os de 3º fixemos narcisos e os de 4º tulipáns. Mirade que colorido.


  

viernes, 14 de marzo de 2014

Onte fomos ver ao colexio de Cesuras teatro en inglés do grupo de actores Cleverpants. Para 3º curso, a obra foi Tall Tales, e para 4º, Marian of Sherwood. Pinchade na imaxe e poderedes ver algunhas fotos.

  

domingo, 2 de marzo de 2014

O venres pola tarde houbo unha gran festa de Entroido no cole. Poidemos comer filloas e orellas, bailar, cantar no karaoke... Disfrutamos moito! Mirade as fotos para comprobalo. A que estamos moi guap@s cos nosos disfraces? Feliz Entroido a tod@s!


En 3º fixemos uns móbiles para adornar a aula polo Entroido. Pinchade na imaxe para velos.


miércoles, 26 de febrero de 2014

Se queredes escoitar as cancións de Marian of Sherwood, pinchade aquí: MARIAN WILL SCARLET
Para os que queirades escoitar a canción Tarzan de Tall Tales, pinchade aquí:
O xoves 13 de marzo imos ir ao CEIP de Cesuras a ver teatro en inglés, interpretado polo fantástico grupo de actores Cleverpants. Os alumn@s de 3º asistiremos á representación de Tall Tales, e @s de 4º á de Marian of Sherwood. Xa están os carteis colgados na entrada do colexio, aquí tamén os podedes ver no blog, e se pinchades neles accederedes aos trailers correspondentes. Neles anticípannos o argumento das obras.


martes, 25 de febrero de 2014

CHOVE NA AULA DE 3º! PINCHA NO DEBUXO E VERÁS POR QUE ...


domingo, 23 de febrero de 2014

Mirade algunhas das antefaces que elaboramos no 2º ciclo para ambientar o colexio polo Entroido. Pinchade na foto para velas.


miércoles, 19 de febrero de 2014

En 4º seguimos a traballar no noso proxecto sobre os ecosistemas. Xa rematamos os esquemas de vertebrados e invertebrados.


Xa ven o Entroido! Nótase o ambiente no colexio, estamos comezando a decorar .
Na entrada hai uns personaxes que seguro que nos van deixar mensaxes de como temos que vir a semana que ven. Haberá que estar atentos ...






martes, 18 de febrero de 2014


Que frío vai estes días! Vainos facer falta poñer os xerseis e os gorros que pintamos para os vagóns do tren de inverno que temos na entrada do colexio. Se pinchades na imaxe do noso mural, poderedes velo.  






lunes, 17 de febrero de 2014


Coñeces esta pintura? A que é moi bonita? Trátase de A noite estrelada  de Vincent van Gogh. É unha das súas obras máis famosas. Os alumnos e alumnas de 3º reinterpretámola  usando cores cálidas. Fai click na imaxe e poderás ver as nosas pequenas obras de arte. 







viernes, 7 de febrero de 2014

miércoles, 29 de enero de 2014

Ola! En cuarto curso estamos comezando o proxecto sobre os ecosistemas. Mirade que chulos nos quedaron os primeiros traballos!