miércoles, 18 de diciembre de 2013

En cuarto xa rematamos o noso proxecto sobre Galicia. Quedounos moi completo e interesante.

martes, 3 de diciembre de 2013

Chegou o Nadal ao colexio! O tren da entrada ten os vagóns cheos! Os nenos e nenas do 2º ciclo enchemos dous deles, un de flores de Pascua e outro de bastóns de caramelo. Mirade que colorido!

martes, 26 de noviembre de 2013

Os nenos e nenas de 3º fixemos as nosas versións da famosa pintura "Cadrados con círculos concéntricos" de Kandinsky. A que vos gusta o colorido?

lunes, 4 de noviembre de 2013

Hoxe, luns, 4 de novembro, aprendimos cousas sobre a reciclaxe cuns empregados de SOGAMA.

O luns 28 de outubro celebramos o Magosto no colexio. Tomamos castañas asadas, refrescos ... e tamén bailamos. Unha sesión de tarde moi divertida! Mira as fotos.

sábado, 26 de octubre de 2013

Tamén quixemos ambientar o relanzo da escaleira con estes móbiles de Samaín.
Xa se respira o ambiente de Samaín e Halloween no colexio. Mirade que decoracións se fixeron. E as cabazas están estupendas! A exposición quedou sensacional!

viernes, 25 de octubre de 2013

Como xa vai ser Samaín e Halloween, hoxe baixamos á biblioteca @s nen@s de 3º para ler contos de medo. Que ben o pasamos!

viernes, 18 de octubre de 2013

Este mércores participamos nos almorzos saudables que se celebran todos os anos no colexio. Estaban deliciosos!

lunes, 14 de octubre de 2013

En 4º curso imos traballar nun proxecto sobre a nosa comunidade, Galicia. Ata agora, xa ubicamos a España no mapa do mundo e logo no de Europa. Despois situamos a Galicia en España, diferenciamos as catro provincias galegas e analizamos a superficie de cada unha.

Os nenos e nenas de 3º estamos comezando un proxecto chamado EXPLORANDO AS CORES. De momento, traballamos coas tres cores primarias: azul, vermello e amarelo.

miércoles, 9 de octubre de 2013

Xa estamos no outono! Na entrada do colexio hai un tren cheo de froitos desta época. Os nenos e nenas de 3º enchemos un vagón de caquis, e os de 4º outro de castañas. Mirade que ben nos quedaron.

martes, 10 de septiembre de 2013

Ola! Aquí estamos outra vez. Mañá comezan as clases. Benvidos ao novo curso 2013-2014!

viernes, 21 de junio de 2013

Hoxe foi o último día deste curso 2012/2013. Para celebralo, fomos todo o colexio ao cine a Lugo. A película elexida foi Monsters University. Que divertida! Pasámolo moi ben! Agora a disfrutar do verán. Boas vacacións a todos e todas. Ata setembro!

jueves, 20 de junio de 2013

Os alumnos e alumnas de 4º curso representamos unha obra de teatro para todo o colexio. Colaboraron tamén os nenos e nenas de 5 anos de infantil. Foi moi divertido!

No noso proxecto de pintura tamén traballamos a arte abstracta. Esta mostra o que sente e pensa un artista, máis que o que ve. Un artista abstracto usa cores e formas para expresar as súas emocións e ideas. Como non coñecemos os pensamentos dos demais, non sempre sabemos que representa a arte abstracta.

Sabedes quen era Andy Warhol? Pois foi un artista plástico e cineasta estadounidense. Seguro que vistes algunha vez algún dos seus retratos Pop Art, neles usaba fotos de artistas famosos, recortábaas, elexía as cores e repetíaas. Esto foi o que fixemos nós coas nosas fotografías, imitando o seu estilo ... a que parecemos estrelas do cine?

En relación co noso proxecto de pintura, mirade as nosas versións da árbore de Kandinsky. A que teñen unhas cores moi bonitas?

miércoles, 15 de mayo de 2013

O luns, 13 de maio, veu José Mª, un músico de Ortigueira, para ensinarnos instrumentos musicais tradicionais. Foi moi divertido e aprendimos moito.

martes, 14 de mayo de 2013

En 4º continuamos co noso proxecto de pintura, mirade que ben nos quedaron os traballos sobre o puntillismo e os bodegóns!

Hoxe estivemos aprendendo como facer xabón. María, que é unha experta nesta materia, explicounos os seus beneficios, pois é máis ecolóxico  e tamén máis económico que o que atopamos nas tendas.

martes, 7 de mayo de 2013

Hoxe chegaron por correo os diplomas para seis alumnos de 4º, por participaren na XIII Edición dos Premios da Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís. 


viernes, 3 de mayo de 2013

Hoxe asistimos a unha charla sobre o mel. Así soupemos máis cousas sobre como o elaboran as abellas e cal é o labor dos apicultores. Tamén tivemos a oportunidade de probalo.

miércoles, 24 de abril de 2013

O martes 23 de abril, que foi o Día do Libro, asistimos na biblioteca á obra de títeres Caraporquiña Vermella que representou Xan Pérez.

martes, 2 de abril de 2013

Os alumnos e alumnas de 4º, seguindo co noso proxecto sobre a pintura, fixemos traballos sobre a cultura exipcia. Esperamos que vos gusten!

lunes, 4 de marzo de 2013

O mércores 27 de febreiro veunos visitar a escritora Fina Casalderrey. Previamente xa leramos o libro na clase e preparamos preguntas para ela. Tamén lle ensinamos os nosos debuxos sobre o libro.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Hoxe á mañá, os nenos e nenas de 4º, asistimos á representación da obra de teatro en inglés "Camp Mosquito" no salón de actos do CEIP Bragade de Cesuras.