jueves, 22 de noviembre de 2012

As mandalas de 3º curso, coas que imos decorar a nosa aula.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Estas son as mandalas que pintamos os alumnos e alumnas de 4º.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O gato con botas, conto feito polos nenos e nenas de 4º o curso pasado.
La gata con bailarinas é un conto que inventaron un grupo de nenos e nenas da aula de 4º o pasado curso. Disfrutade vendo o divertido que é!

lunes, 12 de noviembre de 2012

A mascota da nosa biblioteca xa ten nome, é unha xirafa que se chama Raiola. Sabedes o significado de raiola? Pois se consultamos o dicionario, dinos que unha raiola é 1.Raio ou conxunto de raios de sol que aparecen ás veces por entre as nubes cando o ceo está cuberto.  2. Intervalo breve de sol nun día chuvioso.  3. Calor morna do sol.
Este é o conto gañador na aula de 4º do concurso Como chegou a xirafa ao colexio de Curtis. Vaivos gustar moito!


jueves, 8 de noviembre de 2012

Este é o conto gañador na aula de 3º do concurso Como chegou a mascota da biblioteca ao colexio de Curtis. Seguro que vos vai gustar moito.

SAMAÍN EN 3º

O mércores 30 de outubro os nenos e nenas de 3º baixaron á biblioteca. A profe Carmen leu dous contos de medo: O home do saco e O home lobo.  Así celebramos o Samaín.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

SAMAÍN en 4º

O martes 30 de outubro, os nenos e nenas de 4º baixamos á biblioteca para ler o libro Cuentos de miedo. Así celebramos o Samaín.

lunes, 5 de noviembre de 2012

CONCURSO DE CONTOS EN 3º

Na aula de 3º a profe entregou os diplomas a todos os participantes no concurso de contos Como chegou a mascota da biblioteca ao colexio de Curtis. O gañador recibiu un agasallo.

CONCURSO DE CONTOS EN 4º

Hoxe na aula de 4º entregáronse os diplomas aos participantes no concurso de contos Como chegou a mascota da biblioteca a Curtis. A gañadora recibiu un agasallo.