jueves, 22 de noviembre de 2012

As mandalas de 3º curso, coas que imos decorar a nosa aula.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Estas son as mandalas que pintamos os alumnos e alumnas de 4º.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O gato con botas, conto feito polos nenos e nenas de 4º o curso pasado.
La gata con bailarinas é un conto que inventaron un grupo de nenos e nenas da aula de 4º o pasado curso. Disfrutade vendo o divertido que é!

lunes, 12 de noviembre de 2012

A mascota da nosa biblioteca xa ten nome, é unha xirafa que se chama Raiola. Sabedes o significado de raiola? Pois se consultamos o dicionario, dinos que unha raiola é 1.Raio ou conxunto de raios de sol que aparecen ás veces por entre as nubes cando o ceo está cuberto.  2. Intervalo breve de sol nun día chuvioso.  3. Calor morna do sol.
Este é o conto gañador na aula de 4º do concurso Como chegou a xirafa ao colexio de Curtis. Vaivos gustar moito!


jueves, 8 de noviembre de 2012

Este é o conto gañador na aula de 3º do concurso Como chegou a mascota da biblioteca ao colexio de Curtis. Seguro que vos vai gustar moito.

SAMAÍN EN 3º

O mércores 30 de outubro os nenos e nenas de 3º baixaron á biblioteca. A profe Carmen leu dous contos de medo: O home do saco e O home lobo.  Así celebramos o Samaín.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

SAMAÍN en 4º

O martes 30 de outubro, os nenos e nenas de 4º baixamos á biblioteca para ler o libro Cuentos de miedo. Así celebramos o Samaín.

lunes, 5 de noviembre de 2012

CONCURSO DE CONTOS EN 3º

Na aula de 3º a profe entregou os diplomas a todos os participantes no concurso de contos Como chegou a mascota da biblioteca ao colexio de Curtis. O gañador recibiu un agasallo.

CONCURSO DE CONTOS EN 4º

Hoxe na aula de 4º entregáronse os diplomas aos participantes no concurso de contos Como chegou a mascota da biblioteca a Curtis. A gañadora recibiu un agasallo.

miércoles, 31 de octubre de 2012

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

Ola! En 3º curso fixemos unha exposición con froitos do outono. Colocámolos en cestiñas na entrada do colexio para que os poidades ver.

Proxecto "A prehistoria".

Os alumnos de 4º estiveron traballando nun proxecto sobre "a prehistoria". Toda a información recollerona nun libro que elaboraron eles mesmos. Aquí tedes o resultado do seu esforzo. Moi ben feito!

Benvid@s!

Ola! Somos os nenos e nenas de 4º curso.